CRTVG

Buscar

Cribado masivo e voluntario para os hostaleiros de Pontevedra

Publicado o 20/09/2020 18:23

Algúns locais de Pontevedra tiveron que pechar as súas portas como consecuencia dos gromos de coronavirus orixinados nas súas instalacións. No sector lamentan estes casos e aseguran que dende o inicio da pandemia apostaron por unha hostalería responsable.

Agora, e da man das autoridades sanitarias, van abandeirar unha nova iniciativa para que todos os traballadores do sector poidan realizar probas PCR de balde e de xeito voluntario.

A próxima semana poderían comezar as probas entre os traballadores dun sector que en Pontevedra asegura estar en situación crítica.

Noticias web

20/09/2020