CRTVG

Buscar

Cribado en Vilagarcía a comerciantes e hostaleiros para frear a propagación do virus

Publicado o 17/01/2021 14:40

Preparan as súas terrazas para un novo día de traballo. En Vilagarcía só se permite atender o público no exterior e cunha ocupación do 50 %. Iso si, moitos hostaleiros antes de abriren sometéronse a unha proba PCR.

Un cribado voluntario para frear a expansión do virus dentro dun sector duramente golpeado pola pandemia. Deste xeito, tamén queren transmitir unha mensaxe de seguridade aos seus clientes e ás administracións.

Neste cribado tamén participan os comerciantes que teñen os seus establecementos nas rúas principais do concello.

Aseguran que dentro deste sector hai compañeiros en situación moi crítica, sobre todo, os relacionados co téxtil e o calzado. Suman xa dous meses con peche perimetral e Vilagarcía nutre o seu comercio cos veciños dos concellos lindeiros. Por iso, con estas probas queren poñer o seu grao de area para frear a expansión dun virus que os mantén contra as cordas nun municipio co nivel máximo de restricións.

Noticias web

17/01/2021

Máis sobre Vilagarcía de Arousa