CRTVG

Buscar

Crece o tráfico de pasaxeiros en Alvedro, pero cae en Peinador

Publicado o 12/02/2020 19:15
Crece o tráfico de pasaxeiros en Alvedro, pero cae en Peinador

O aeroporto de Alvedro e o da Lavacolla incrementaron o seu tráfico de usuarios, mentres que o de Peinador viu diminuír os pasaxeiros. No caso deste aeroporto de Alvedro, o número de pasaxeiros durante o mes de xaneiro incrementouse nun 15%, sendo o aeroporto galego que máis medra.

Pola súa banda, o aeroporto da Lavacolla en Santiago contabilizou preto de 180.000 pasaxeiros en xaneiro, polo que é o aeroporto galego con máis volume de usuarios. No lado oposto está o de Peinador, en Vigo, que con 64.000 pasaxeiros descendeu un 11 por cento con respecto ao mesmo mes do ano pasado.

Noticias web

12/02/2020