CRTVG

Buscar

Crean un banco de casas e terreos na Limia e Verín para repoboar o rural

Publicado o 18/03/2019 20:20

Fran é o primeiro que alugou unha vivenda na aldea de Lodoselo, no concello ourensán de Sarreaus, grazas ao banco de casas que puxo en marcha o Centro de Desenvovemento Rural O Viso.

Levan un ano con esta iniciativa e agora no banco de casas teñen 46 vivendas e 25 terreos na Limia e en Verín. O obxectivo é axudar á xente que quere volver ao rural. En Galicia hai xa máis de 1.700 aldeas abandonadas. E só na última década case 500 querron sen habitantes.

Noticias web

18/03/2019