CRTVG

Buscar

O libro de estilo de Coudet: "Gústanme os equipos físicos e que corren"

Publicado o 14/11/2020 14:22

Na súa primeira comparecencia como adestrador do Celta o arxentino Eduardo "Chacho" Coudet ofreceu algunha pista sobre o seu libro de estilo. 

"Gústanme os equipos físicos e que corren", comentou Coudet sobre o estilo que lle gustaría implantar. Sobre a posibilidade de asinar novos xogadores o técnico recoñeceu que non fixo ningunha petición porque "os mellores reforzos son os xogadores que están". 

Coudet pasa de pelexar o título no campionato brasileiro co Inter de Porto Alegre a pelexar por non descender co Celta. Animouse á aventura ao considerar que "hai material para que as cousas saian ben". 

Outro punto de fricción con Óscar era o da capitanía. O exadestrador decidira quitarlla a Hugo Mallo. Coudet respectará "o que decida o vestiario". 

Noticias web

14/11/2020