CRTVG

Buscar

Cos novos límites de velocidade, A Mariña sitúase entre as comarcas co tráfico máis lento

Publicado o 29/01/2019 21:35

A estrada N-642, que atravesa a Mariña pola costa, é dende hai anos unha das máis lentas do país. Percorrer os 40 quilómetros que separan Viveiro e Foz pode levar uns tres cuartos de hora con tráfico normal. Agora, a lentitude do tránsito nesta bisbarra agravarase aínda máis coa entrada en vigor do real decreto que modifica o Regulamento Xeral de Circulación e establece en 90 quilómetros por hora a velocidade máxima permitida nas estradas convencionais. Os tramos que estaban limitados a 100 quilómetros por hora pasan a estar limitados a 90, incluída a vía de altas prestacións que une Celeiro e San Cibrao.

Así e todo, moitos dos condutores non se afixeron aínda á nova normativa, unha imprudencia que podería non tardar en custarlles algunha que outra sanción por exceso de velocidade.

"Eu vexo que pasan coma sempre. No paso de peóns tes que esperar, porque se queres cruzar non che dá tempo. Eu penso que vai ser coma sempre. A xuventude non se controla".

A única vía en toda a Mariña que non se ve afectada polos cambios nos límites de velocidade é a autovía A-8, que pasa por Mondoñedo, Barreiros ou Ribadeo.

Noticias web

29/01/2019