CRTVG

Buscar

Cortan un carril da A-52, á altura de Verín, pola avaría dun autobús

Publicado o 08/10/2019 12:47
Cortan un carril da A-52, á altura de Verín, pola avaría dun autobús

O carril dereito da calzada da autovía A-52, en sentido a Benavente, está cortado desde as 11:50 deste martes, á altura do quilómetro 154, no termo municipal de Verín, a causa dunha avaría mecánica dun autobús que se atopaba prestando un servizo discrecional, concretamente unha excursión de 27 persoas que saíran esta mañá desde Poio e retornaban a Málaga, tendo previsto facer noite en Zamora.

Están a intervir dúas patrullas de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín e o equipo de conservación e mantemento da vía, que cortaron o carril. A circulación non se ve afectada porque neste punto hai tres carrís de circulación.