CRTVG

Buscar

Cortada a N-120 polo desprendemento de rochas

Publicado o 08/11/2019 20:14

Permanece cortada a estrada N-120 (Logroño-Vigo), á altura do km 563, en Ourense, debido ao desprendemento de rochas sobre a vía.

Xa se estableceron desvíos provisionais pola N-120a, ata que os equipos de conservación sexan quen de despexar a estrada.