CRTVG

Buscar

Correos abre as súas oficinas o sábado e o domingo para falicitar o voto por correo

Publicado o 17/05/2019 20:58
Correos abre as súas oficinas o sábado e o domingo para falicitar o voto por correo

A pesar de que hoxe é festivo, Correos abriu as súas oficinas en Galicia para facilitar o voto. E tamén vai abrir nesta fin de semana. O sábado será desde as 8.30 da mañá ás seis da tarde e o domingo o horario será de nove a dúas. O prazo para votar por correo remata o próximo venres 24 de maio ás dúas da tarde. Correos recomenda non esperar ao último día e recorda que unha vez recibida a documentación, é posible votar en calquera oficina postal.
 

Noticias web

17/05/2019