CRTVG

Buscar

Corentena a ritmo de música en Pontevedra

Publicado o 17/03/2020 20:30

Son as seis menos tres minutos e polo micrófono anuncia Lorena a canción que van interpretar. O seu edifico pasa a corentena a ritmo de música.

Colocaron uns carteis no ascensor con todos os temas que van cantar, cada día un diferente. Nesta ocasión tocou 'Oye', de Chayanne, pero mañá será a vez de Raphael. Esta comunidade de veciños da rúa Loureiro Crespo de Pontevedra mesmo ten grupo de WhatsApp.

Os veciños desde as súas ventás cantan, bailan e aplauden esta iniciativa.

E así, como nun festival, van pasando os días estes veciños que non só cantan, tamén xogan ao Vexo-Vexo ou ao Tutti Frutti.

Noticias web

17/03/2020