CRTVG

Buscar

Converten o pavillón do Berbés nun albergue

Publicado o 25/03/2020 21:36


En Vigo converteron o pavillón municipal do Berbés nun albergue para que as persoas sen fogar poidan pasar o periodo de alarma. Persoal da Cruz Vermella encárgase de atendelos nas instalacións, que foron desinfectadas previamente e nas que se instalaron 38 camas. Calquera persoa que queira acceder ao centro ten que rexistrarse. Unha vez rexistrados deberán permanecer neste espazo o tempo que dure a corentena.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020