CRTVG

Buscar

Controversia por unha suposta alcolemia positiva polo uso de hidroxel

Publicado o 16/10/2020 14:18

O caso que se divulgou na prensa e que suscitou controversia foi o dun condutor lugués ao que pararon nun control de alcolemia na A-8 en Asturias.

Asegura que a pesar de non consumir alcol por ser abstemio deu nuha taxa de 0,36. Repetíronlle a proba con outro etilómetro que o axente desinfectou con xel hidroalcólico e daquela deu 0,004.

Atribúe o resultado ao uso do xel na limpeza do aparello, pero desde a Garda Civil de Tráfico desmenten esa posibilidade.

Este é o proceso que seguen en cada control: desinfectan o etilómetro con xel aplicado nun pano. O condutor sopra. Se dera positivo, fanlle unha segunda proba con outro aparello de precisión, que tamén se limpa previamente, e cuxo resultado aseguran que é infalible.

Aínda que houbera unha mala praxe por parte do axente na limpeza do etilómetro e o xel entrase no aparello, aseguran que o detectaría e non permitiría facer a proba. Insisten en que non hai posibilidade de falsos positivos nos tests de alcolemia.

Noticias web

16/10/2020