CRTVG

Buscar

As forzas de seguridade controlan as entradas e saídas nos límites de Ourense e Barbadás

Publicado o 10/10/2020 21:10

Fin de semana de ponte festiva. As forzas de seguridade controlan a entrada e saída de vehículos nos límites de Ourense e Barbadás.

Tras o incremento dos contaxios, Sanidade dediciu esta semana aplicar as mesmas medidas restritivas en Barbadás e en Ourense. Bares e cafeterías traballan só no exterior e con limitacións de clientes. Non pode haber máis de cinco persoas por mesa e deben ser conviventes. En ambos os municipios hai un confinamento perimetral, só poden moverse libremente entre Ourense e Barbadás.

Con 1.474 casos activos e 191 contaxios nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Ourense chegou ao seu máximo de afectados dende o comezo da pandemia, 532 deses casos son na cidade das Burgas.

En Ourense e Barbadás están prohibidas as reunións de non conviventes, pero tamén no Barco, Verín e na comarca do Carballiño.

Hai 65 persoas hospitalizadas na provincia a causa da covid-19, e dez delas están na UCI. O número de casos activos en Ourense representa o 34 por cento de todos os de Galicia.

Noticias web

10/10/2020