CRTVG

Buscar

Controis de acceso nos areais galegos para garantir a distancia

Publicado o 26/07/2020 15:10

Esta fin de semana puidemos ver controis de acceso a areais en grandes cidades, pero tamén en localidades pequenas. En Pontedeume, por exemplo, instalaron un sistema de información en tempo real na praia de Ver. O acceso desde esta fin de semana está regulado por un semáforo.

Para evitar ringleiras, coma as que puidemos ver nalgúns momentos, os usuarios poden consultar a web de control de ocupación de praias habilitada polo Concello. Cando cheguen ao areal, terán que atender ás indicacións dos axentes da Policía Local e dos socorristas, que velan pola seguridade dos bañistas e, como tarefa adicional, vixían o cumprimento da distancia de seguridade nos areais.

 

Noticias web

26/07/2020