CRTVG

Buscar

Continúan os cribados masivos no Clínico de Santiago e no Milladoiro

Publicado o 25/10/2020 15:28

Continúan os cribados masivos na contorna do Clínico de Santiago, con persoas de entre 31 e 35 anos do Ensanche compostelán, e no centro de saúde do Milladoiro. En total, máis de 2.100 persoas estaban chamadas a facer unha PCR.

"Citáronnos polo cribado que están facendo, paréceme ben que fagan cribados por idades e que teñan controlada á pobocación, hai que ter cabeciña e non ter contacto con moita xente".

"Está ben porque hai moita xente que ten o virus e non o sabe".

"Está bastante ben porque así contrólase entre a mocidade, que se nos dá por estar sempre todos xuntos entre nós".

O alcalde de Santiago cre que estes cribados masivos son moi necesarios e que haberá que facer máis.

"O cribado masivo ten un dato que pode parecer negativo, e é que aparecen máis casos positivos, pero así permítenos descubrir os asintomáticos", di Sáchez Bugallo.

Sobre o último dato de casos positivos na área de Compostela, di que non son "desalentadores", pero que hai que ser moi prudentes.

"A situación non é para botar foguetes, 410 casos en Santiago é aínda un índice inaceptable".
Sánchez Bugallo engadiu que a evolución dos datos dos vindeiros días dirá se é necesario tomar novas medidas restritivas.

Noticias web

25/10/2020