CRTVG

Buscar

Aumentan os positivos en Viveiro, onde xa hai 249 casos diagnosticados de covid-19

Publicado o 16/01/2021 14:43

A preocupación polo aumento constante de persoas infectadas de covid-19 en Viveiro pálpase a nivel da rúa. Apenas hai viandantes. Só saen o imprescindible.

Non é para menos. Son 11 positivos máis ca onte. Aquí o aumento de casos é diario.

Ademais da distancia social e as medidas de precaución, Viveiro ten peche perimetral, e só se pode saír ou entrar do termo municipal por motivos xustificados. Ainda así os casos continúan subindo. Duplica a cantidade de positivos da capital lucense.

Arestora hai 14 persoas ingresadas por covid-19 no hospital da Mariña.


 

Noticias web

16/01/2021