CRTVG

Buscar

Un novo falecemento por coronavirus sitúa o total de vítimas en Galicia en 602

Publicado o 15/05/2020 20:16

• Continúa en descenso a incidencia do virus na comunidade, con 2.008 casos activos

• Do total de afectados, 144 permanecen hospitalizados

A redución de casos activos de coronavirus continúa en Galicia, con 66 contaxiados activos menos ca onte, ata un total de 2.008.

Galicia foi onte unha das comunidades autónomas sen vítimas mortais, algo que non se repetía no rexistro diario desde o 29 de abril.

Porén, esta tarde o Sergas informou dunha nova vítima mortal na comunidade. Trátase dunha muller de 96 anos que estaba ingresada no Hospital da Barbanza e que tiña patoloxías previas. Con este último dato, a cifra total de falecidos con coronavirus en Galicia sitúase en 602.

A distribución por áreas sanitarias é a seguinte:

• A Coruña: 494 casos (-22).

• Vigo: 478 casos (-34).

• Santiago: 413 casos (-11).

• Ourense: 320 casos (-1).

• Lugo: 122 casos (+5).

• Pontevedra: 107 casos (-1).

• Ferrol: 74 casos (-2).

Na UCI hai 22 pacientes (+1) e en unidades de hospitalización permanecen 111 enfermos (-12). Un total de 1.875 pacientes (+55) pasan a enfermidade nos seus domicilios. O rexistro de curacións en Galicia ascende a 8.283 persoas (+126).

Nas residencias hai 197 usuarios enfermos (-34) e 147 traballadores (-7).

O número de PCR realizadas é de 122.456 (+2.032).