CRTVG

Buscar

Malestar en Cangas pola restrición ao tráfico rodado nos accesos ás praias da vila

Publicado o 12/07/2020 15:50

Esta é a baixada a Pinténs, un dos sinais que alguén pintou e o Concello de Cangas conseguiu amañar. Os vándalos tamén actuaron na baixada a San Xián, onde aínda se percibe a pintura. Nos arredores da famosísima praia nudista de Barra os veciños din que nin se poñen multas, nin se respectan os sinais.

Están fartos tamén das autocaravanas que baleiran as fecais nas pistas. Desde a asociación de veciños de Viñó consideran que o Concello con estas restricións está xerando máis caos e que debería de controlar mellor os aparcamentos a monte ou en zonas prohibidas e chegar a un acordo cos leirapárkings que tanto servizo dan.

A prohibición de que circulen os alleos a Cangas xera máis tráfico e saturación en praias ás que si se pode acceder, como Nerga, porque o vial de acceso non é de competencia municipal. Un areal que se está saturando tamén de autocaravanas.

O colapso de vías dáse máis en días solleiros coma hoxe en que as temperaturas se achegan aos trinta graos.

Noticias web

12/07/2020