CRTVG

Buscar

Continúa a carreira pola vacina, mentres en Nova Zelandia confinan unha cidade por catro casos

Publicado o 12/08/2020 14:37

Só catro casos dunha mesma familia puxeron en alerta o Goberno neozelandés. Despois de 102 días sen contaxios, o executivo decretou un confinamento de tres días en Auckland, a principal cidade do país, restricións en restaurantes e o peche das residencias de maiores. A primeira ministra, Jacinta Ardern, estuda a posibilidade de aprazar as eleccións.

Mentres, a carreira pola vacina continúa. Nos Estados Unidos, o presidente Donald Trump, sen nomear os avances rusos, afirmou que pronto estarán dispostas cen millóns de doses da súa propia vacina. Os arxentinos buscan outros remedios. Un equipo de científicos deseñou unhas máscaras antivíricas e antibacterianas que conteñén ións de cobre e nanopartículas de prata.

Sen máscaras nin distancia social, en Escocia os rapaces volven á escola. Unha decisión do Goberno autónomo que se adianta aos colexios de Inglaterra. Nos Estados Unidos, o Goberno federal tamén quere abrir as aulas. Neste país 380.000 nenos infectáronse dende o comezo da pandemia, 180.000 no último mes.

 

Noticias web

12/08/2020