CRTVG

Buscar

Contabilízanse 60 casos activos na residencia Nosa Señora do Viso, en Lobeira

Publicado o 24/09/2020 14:37

Sanidade rastrexa xa os contactos máis próximos dos contaxiados.Antonio Iglesias. Alcalde de Lobeira "As probas que se fan no entorno dos que deron positivo de momento están saindo negativos"

Á espera do segundo cribado no centro hoxe mantense a cifra de casos positivos, 46 usuarios e 14 traballadores.  Médica do centro de saúde local "Foi rápido, notificáronnos os síntomas dalgúns pacientes e xa pedimos as probas específicas e saíron os primeiros resultados e xa se fixeron PCR de forma masiva"

Tan só catro residentes do centro deron negativo nas primeiras probas, estes anciáns xa foron illados e trasladados á zona de enfermería para evitar novos contaxios. Tamén están illados nos seus domicilios todo o persoal laboral do centro, incluída a directora. Tivo unha poca de febre, que está ben e que no me preocupe": "Están todas confinadas e trouxeron traballadoras de fóra"

As autoridades sanitarias revisan os protocolos e mandan unha mensaxe de tranquilidade ás familias. Fabiola García. conselleira de Política Social. "Ás familias trasmitirlles tranquilidade porque estamos traballando moi duro velando e coidando os residentes"

O outro gromo con maior número de contaxios detectado nas últimas horas en residencias está no centro Ballesol de Oleiros, con 32 casos. Hoxe notificouse un novo gromo na residencia Las Salinas de Ourense, con seis internos e un traballador infectados.
 

 

Noticias web

24/09/2020