CRTVG

Buscar

Consulta integral no CHUO para tratar as secuelas da covid-19 nos pacientes

Publicado o 24/05/2020 15:07

É pequena a porcentaxe de pacientes ingresados no CHUO por covid-19 que queda con secuelas graves, calculan os sanitarios que menos dun 5 por cento.

Ánxeles Puga é un deses casos que precisa de rehabilitación e fisioterapia respiratoria tras estar 41 días na UCI intubada.

En pacientes con pneumonías moi graves si existe o risco de que a inflamación pulmonar mingüe a capacidade respiratoria, estes son os pacientes que queren detectar por medio desta nova consulta para frear as secuelas.

Están explorando e facéndolles probas a seis pacientes ao día, nun mes pretenden ter avaliados uns 250 casos, os máis significativos da provincia de Ourense.

Unha iniciativa dos profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense coa que poderán atallar mellor esta enfermidade coa que levan lidando menos de tres meses, moito tempo pero pouco para coñecela ben.

Noticias web

24/05/2020