CRTVG

Buscar

Constitúese o Goberno da Deputación Provincial de Lugo

Publicado o 26/07/2019 16:09

Quedou constituído o Goberno da Deputación Provincial de Lugo, coa distribución de áreas entre socialistas e nacionalistas.

O presidente e alcalde de Monforte, José Tomé, asume tamén as competencias de Vías e Obras así como a xestión do parque móbil. Os socialistas Pilar García e Pablo Rivera, que xa estaban no anterior goberno de Darío Campos, faranse cargo, respectivamente, Turismo e Promoción económica. Para o BNG quedan as competencias sobre Cultura, Deporte, Medio Rural e do Mar e xestión do Partrimonio Histórico.


 

Noticias web

26/07/2019