CRTVG

Buscar

Á conserva galega non lle foi mal na crise sanitaria: vendeu un 20% máis

Publicado o 25/08/2020 14:46

Adaptouse ás necesidades dos consumidores, ao que hai que sumar que é un produto non perecedoiro. As conservas galegas durante a pandemia, sobre todo, o atún, foron fundamentais na dieta durante o confinamento.

Por iso, o maior reto do sector foi a de garantir o seu abastecemento. Unha vez conseguido, comezaron a crecer tanto en emprego como no número de vendas, sendo os países da Unión Europea os principais compradores.

A día de hoxe, os seus niveis de stock seguen sendo bos, a pesar das dificultades de atopar múltiples especies como consecuencia das paradas de actividade nalgunhas frotas.

A pandemia non só lle deixa bos resultados, un crecemento interanual do 20%, tamén a experiencia de seguir garantindo a seguridade e a calidade dun produto alimentario de primeira necesidade para moitas familias.

Noticias web

25/08/2020