CRTVG

Buscar

O Goberno concreta as garantías que asumirá para o financiamento de autónomos, pemes e grandes empresas

Publicado o 24/03/2020 10:46

• Óscar Rodil: "Esta crise vai dar unha lección sobre o papel do Estado e de Europa para que non se caia nunha recesión profunda"

Á crise sanitario provocada polo COVID-19 súmase á crise económica. O parón de actividade polo confinamento ou porque non chegan as pezas

Hoxe reunirase o Consello de Ministros. Terá varios temas sobre a mesa. O primeiro, a ampliación do estado de alarma, que xa conta cos apoios necesarios para saír adiante no Congreso. 

Non ten o apoio de Esquerra, e Vox está a avaliar o seu, pero previsiblemente sairá adiante: aos votos que xuntan PSOE e Podemos, sumaránselles Ciudadanos, UPN, BNG e Partido Popular.

Tamén se estudan medidas económicas adicionais. O Executivo afondará este martes na concreción de medidas que axuden a paliar a crise ecónomica parella á emerxencia sanitaria. Un dos grandes temas sobre a mesa estes días, a moratoria dos alugueiros, terá que agardar.

Si que se prevé que se traten cuestións como as axudas aos traballadores que coiden dos fillos, o aumento dos recursos para as comunidades autónomas ou dar máis protección a colectivos vulnerables, como empregadas do fogar e parados coa prestación esgotada. Tamén, o nivel de garantías que o Estado está disposto a asumir para que os bancos financien autónomos, pemes e grandes empresas.

Nadia Calviño defende que a resposta do Goberno é clara e contundente e que está entre as máis ambiciosas da nosa contorna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020