CRTVG

Buscar

Consegue traballo grazas á campaña viral do seu fillo "Contrata o meu pai"

Publicado o 14/06/2019 19:51

Falámoslles agora dunha campaña viral que ten, ademais, mensaxe. Un home de 59 anos conseguiu traballo tras case unha década no paro grazas a este vídeo que puxo en marcha o seu fillo.

Cun currículo impresionante, a súa idade parecía ser un problema. Grazas a esta campaña conseguiu trinta entrevistas para o posto de directivo financeiro, ao que se dedicou toda a vida. Agora, tras quince propostas en firme, finalmente atopou ese traballo tan buscado.

Noticias web

14/06/2019