CRTVG

Buscar

Un congreso debate sobre a saúde mental durante ou despois da maternidade

Publicado o 27/04/2019 21:04

O primeiro mércores de maio celébrase o Día Mundial da Saúde Mental Materna, un estado vital

+tre2indispensable para o benestar tanto da nai coma do fillo. Considerábase que celebrar este día era necesario para darlle voz a unha de cada cinco mulleres que ven como se ve afectada a súa saúde emocional antes, durante ou despois da maternidade.

Isabel Abel, presidenta da Asociación Galega de Matronas: "Unha mamá sa é necesaria para un bebé san".

A saúde mental materna foi o tema central dunhas xornadas celebradas hoxe en Vilagarcía para darlle voz a unha parte fundamental do benestar maternofilial, unha situación de especial vulnerabilidade para o equilibrio mental das mulleres.

Jesica Rodríguez, psicóloga: "A muller ponse nunha situación mental de certo risco".

Os riscos máis habituais son as depresións e os trastornos de ansiedade. O problema é que moitas veces estes síntomas agóchanse ou non se advirten.

Isabel Abel, Presidenta da Asociación Galega de Matronas: "Ás veces na familia minorízase; é moi importante unha detección precoz".

Jesica Rodríguez, psicóloga: "Cun tratamento axeitado normalmente si que se sae, e sáese fortalecida".

O máis importante é darlle voz ao malestar que moitas veces trae inevitablemente a maternidade, un sentimento normal que afecta a 1 de cada 5 mamás e que queda sen tratar nun setenta e cinco por cento dos casos.

Noticias web

27/04/2019