CRTVG

Buscar

Confunden outro galego co detido na NBA

Publicado o 04/02/2019 21:32

Un suceso que lle rebotou a outro galego, só por ter o mesmo nome e un dos apelidos iguais. Adrián Montero Mato é como se chama o rapaz envolto na pelexa, mentres este mozo é Adrián Mato. Pois ben, este rapaz leva varios días recibindo insultos polas redes sociais, ata tal punto que se viu obrigado a aclarar na súa conta de Twitter que el non protagonizou a liorta no partido da NBA. Este compostelán, de 32 anos, traballa nos Estados Unidos e ten medo de que este malentendido lle poida custar a tarxeta de residencia, que está en proceso de tramitación.

Noticias web

04/02/2019