CRTVG

Buscar

Confunden os cadáveres duns falecidos cando ían velar un veciño de Fornelos

Publicado o 10/03/2019 13:06

Desafortunada confusión a que se viviu esta fin de semana en Fornelos de Montes, que obrigou a unha familia a aprazar durante unhas horas o velorio dunha parente despois de descubriren que o corpo que había dentro do ataúde, o que ían comezar a velar, non era o da persoa que agardaban. Ao parecer, o erro procedía do hospital Álvaro Cunqueiro, onde falecera horas antes esta veciña da parroquia de Estacas. Alguén confundiuse á hora de asignar os féretros.
 

Noticias web

10/03/2019