Confirman a absolución do ex-alcalde do Porriño Nelson Santos
Publicado o 02/05/2019 19:29
Confirman a absolución do ex-alcade do Porriño por prevaricación. A Audiencia de Pontevedra ratifica o ditado polo xulgado de primeira instancia que o ano pasado xa absolvera a Nelson Santos, que fora rexedor co Partido Popular entre 2010 e 2015.
Tamén queda exculpado o ex-concelleiro Jose Manuel Jacobo, ao que se lle imputaba o mesmo delito. A sentenza absolutoria é firme.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:58