CRTVG

Buscar

Dezaseis mariñeiros permanecen en corentena no seu barco en Burela

Publicado o 26/04/2020 22:10

Este barco leva en Burela desde o día 13. Un mariñeiro deu positivo nun test de coronavirus. Coñeceu o resultado cando o buque ía saír desde este porto. Inspectores de Sanidade Exterior, organismo dependente do Ministerio de Sanidade, practicaron unha segunda proba a toda a tripulación e malia dar negativo xa non puideron saír a faenar.

Levan toda a corentena neste barco, onde conviven dezaseis persoas. Manter as distancias aquí é complicado. 

A tripulación está desexando someterse ás probas. En canto teñan o resultado e se dá negativo sairán ao mar, porque durante o tempo que estiveron aquí parados acumularon moitas perdas. 

Unha situación difícil que cambiará en función do resultado da proba.

 

Noticias web

26/04/2020