CRTVG

Buscar

Tráfico alerta dunha repunta dos accidentes de moto

Publicado o 12/06/2020 09:35

A Garda Civil de Tráfico vai incrementar a vixilancia nas estradas ante a repunta dos accidentes de moto en Galicia.

Só na última semana houbo dous graves accidentes, un en Pereiro de Aguiar, cun falecido, e outro en Nigrán, con feridos graves, por causa de colisións entre motocicletas e outros vehículos.

Na Asociación de Motoristas de Galicia, Manuel García lamenta que "se demonice os moteiros", porque aínda que hai casos de imprudencias, defende que na maior parte das ocasións os accidentes se producen porque os condutores non ven as motos nas estradas. Ademais, engade, "a moto é a ferramenta de traballo de moita xente". Cita como exemplo as propias patrullas motorizadas da Garda Civil de Tráfico, e valora moi positivamente que se reforce a vixilancia.

De cara a previr accidentes, esta asociación lanza as seguintes recomendacións:

• Respectar sempre as normas de tráfico e adoptar todas as medidas de seguridade.

• Manter a motocicleta en perfecto estado.

• Ter en conta o estado da vía e adaptar a velocidade ás condicións desta.

 

Noticias web

12/06/2020