CRTVG

Buscar

Os pacientes dos hospitais galegos volverán recibir visitas a partir do mércores

Publicado o 01/06/2020 20:04

Esta mesma semana, concretamente a partir do mércores, os hospitais do Servicio Galego de Saúde recuperarán toda a súa carteira de servizos e tamén a política habitual de visitas a pacientes que non estean afectados pola covid-19.

Esta volta á normalidade inclúe a recuperación do sistema de transporte sanitario urxente, co que as ambulancias recuperarán a súa actividade normal.

Iso si, nos servizos de urxencias, manterase un circuíto diferenciado para os pacientes con síntomas de coronavirus, e seguirá habendo áreas específicas nas plantas de hospitalización.

Esta nova etapa de recuperación hospitalaria durará ata o 19 deste mes. Na seguinte, ata o 3 de xullo, consolidarase a recuperación da normalidade na actividade hospitalaria.

Noticias web

01/06/2020