CRTVG

Buscar

Uns 200 traballadores retoman a actividade en Navantia

Publicado o 20/04/2020 09:11

Dende hoxe os traballadores que accedan a Navantia teñen que adaptarse a un novo protocolo de seguridade consensuado entre empresa e sindicatos

Andrés Bastida, coordinador do comité de seguridade de Navantia, di que "o criterio é claro, garantir a saúde dos traballadores. Mentres iso non poida cumprirse, non poderá entrar ningunha persoa"

Por iso á volta á actividade estase facendo de maneira gradual. Hoxe son apenas douscentas as persoas que se reincorporan ao seu posto. Retómanse así as obras de construción dos dous buques tipo AOR encargados pola armada australiana. 

"nun buque os tamaños son máis reducidos, os movementos.. hai que garantir tamén que se cumpra a seguridade" di Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria

E volta tamén ao traballo no estaleiro de Fene, para sacar adiante encargos relacionados coa eólica mariña.

 

Noticias web

20/04/2020