CRTVG

Buscar

Detido un funcionario de Aduanas de Vilagarcía por supostas filtracións a narcos

Publicado o 12/06/2020 09:17

A Policía Nacional detivo un funcionario de Aduanas destinado en Vilagarcía polas supostas filtracións de información ás redes do narcotráfico. O individuo foi detido en Madrid no momento en que estaba recibindo 370.000 euros en metálico dun cidadán colombiano relacionado co narcotráfico.

A policía levaba xa tempo investigando este axente de Aduanas e sospeita da súa relación co clan Santórum, cuxo líder, Juan Carlos Santórum, está fuxido logo do alixo de 4.500 quilos de cocaína intervidos en Galicia que se lle atribúen.

O funcionario detido está nas dependencias da policía en Madrid e será en breve trasladado a Vigo para declarar ante o xuíz que instrúe o caso.

Noticias web

12/06/2020