CRTVG

Buscar

Reabren as ITV galegas con prioridade para os condutores profesionais

Publicado o 12/05/2020 08:33

Retomouse a inspección técnica de vehículos, pero nestes primeiros días pensando máis nos industriais e profesionais do transporte.

Iso non quita que entrara xa a primeira hora algún particular de entre os 125.000 vehículos aos que lles caducou a inspección en Galicia durante o estado de alarma. É o caso de Jorge. "Tiña que pasala e así, xa queda por un ano".

As ITV caducadas desde o vinte de marzo son válidas mentres permaneza o estado de alarma e durante un período despois de que este conclúa. "A partir desa data estableceremos os prazos. Estamos pendentes da orde ministerial que os estableza".

Están a traballar con pouco persoal e é imprendible para que atendan pedir hora por teléfono ou por Internet e seguir as indicacións específicadas para a prestación do servizo. "Pero, por favor, que non se achegue ninguén ás estacións se non solicitou previamente a cita. Pouco a pouco iremos ampliando e volverá todo o noso persoal e, por suposto, reforzarémola na medida en que se vaia necesitando e a demanda o requira".

Segundo a voceira da empresa, a partir da semana que vén as ITV de Galica estarán preparadas para atender tamén as segundas revisións.

Noticias web

12/05/2020