CRTVG

Buscar

Condénano a prisión por deixar malferido un can

Publicado o 11/05/2020 14:34

Nesta protectora de Pontevedra están ao límite da ocupación. Non poden acoller máis animais, excepto casos de urxencia. O estado de alarma impediu as adopcións. Non poden dar saída a ningún animal, polo que as recollidas quedaron paralizadas.

Agardan que, segundo avance a desescalada, a situación se normalice para poder acoller os cans que o precisen.

E neste contexto, nos Palleiros recibiron con satisfaccion a condena a un veciño de Pontevedra polo brutal maltrato ao seu can. Nesta protectora salvaron o animal e agora recibirán unha indemnización polo seu coidado, xa que o condenado finxiu que o can non era seu. Saben que non ingresará no carcere, pero a sentenza é un paso máis na loita contra o maltrato animal.

Dende Os Palleiros animan ás adopcións responsables para colaborar a deconxestionar as instalacións e seguir axudando a máis cans.

Noticias web

11/05/2020