CRTVG

Buscar

Condenan un mozo a 4 anos de prisión por violar unha muller en Foz

Publicado o 08/07/2020 13:59
Condenan un mozo a 4 anos de prisión por violar unha muller en Foz

A Audiencia Provincial de Lugo condenou un mozo a catro anos de prisión por violar unha muller en Foz. Ademais, o violador deberá indemnizar a vítima con 5.000 euros por danos morais.

Nun princicipio, a fiscalía solicitaba dez anos de cadea, pero o tribunal descartou a existencia dun delito de agresión sexual, ao entender que non concorría violencia ou intimidación.

Noticias web

08/07/2020

Máis sobre Foz