CRTVG

Buscar

Condenan un masaxista de Nigrán a pagar unha multa por abusar dunha clienta

Publicado o 19/02/2019 17:14

O xulgado do Penal número 2 de Vigo condenou un masaxista de Nigrán a unha multa de 5.500 euros por abusos sexuais a unha clienta.

O Tribunal considera probado que abusou da muller na súa consulta o 2 de marzo do ano pasado. A clienta acudira por unha contractura nas costas. Durante a masaxe, o acusado realizoulle tocamentos, mentres ela, paralizada polo medo, foi incapaz de reaccionar. O Tribunal entende que o home actuou con ánimo libidinoso, para satisfacer os seus desexos sexuais e sen consentimento.

Trátase da primeira condena contra o masaxista, que xa fora denunciado con anterioridade por outras clientas.

Noticias web

19/02/2019