CRTVG

Buscar

Condenan a prisión permanente a nai que matou asfixiando a súa filla en Bilbao

Publicado o 27/12/2019 15:25

Subministroulle á súa filla de nove anos unha alta dose de medicamentos e, sen agardar a que fixeran efecto, asfixiouna coas súas propias mans. Por eses feitos, sucedidos en Bilbao o pasado xaneiro, Ada de la Torre foi condenada a prisión permanente revisable pola audiencia provincial de Biscaia. A muller alegou durante o xuízo que un descoñecido se introducira na súa vivenda e que a obrigara a matar a cativa.

Pero o xurado popular non creu esa versión e mesmo considerou o agravante de tratarse da súa propia filla, e cualificou de aleivoso o crime porque os informes psicolóxicos reflectiron que a muller era plenamente consciente do que facía e non sufría ningún trastorno.

No proceso xudicial, a entón acusada non negou que cometera os feitos e só cualificou de excesiva a indemnización solicitada polo pai da menor, que era de 160.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019