CRTVG

Buscar

Condenado o Goberno de Aragón por non protexer suficientemente os sanitarios

Publicado o 04/06/2020 16:06

O Goberno de Aragón é a primeira administración condenada por non subministrar suficiente material de protección aos sanitarios durante a pandemia.

A demanda presentouna o sindicato de médicos Fasamet. Consideran que non estiveron protexidos do risco de contaxio.

O Goberno autonómico, do socialista Javier Lambán, alegou que non tiñan material dispoñible por unha situación de forza maior. Pero a xuíza entende que a Administración debe asegurar en todo o momento o funcionamento adecuado dos servizos sanitarios e a protección do persoal.

 

 

Noticias web

04/06/2020