CRTVG

Buscar

Condenado a tres anos e medio de cárcere por apropiarse de 70.000 € dos seus asegurados

Publicado o 16/01/2020 14:16

O condenado traballou durante seis anos para a empresa Mapfre en Pontevedra, entre 2007 e 2013, e aproveitouse das facilidades que tiña para acceder á documentación dos clientes e da empresa.

A fiscala e o avogado da aseguradora acusábano dun delito continuado de falsidade en documento mercantil e outro de apropiación indebida.

Enfrontábase a cinco anos de cárcere que lle reduciron a tres anos e medio porque no xuízo fixado para esta mañá na Audiencia Provincial admitiu ser o autor de ambos os dous delitos.

Apropiouse de máis de 70.000 euros de clientes que tiñan subscritos fondos de investimento, seguros de vida e seguros de coches e vivendas con Mapfre.

As cantidades, aínda que sen os intereses, xa foron reintegradas á maior parte dos prexudicados pola aseguradora.

Ademais da pena de prisión, a condena obriga o procesado a indemnizar con algo máis de 66.000 euros a Mapfre e con 4.400 unha das clientas.

Noticias web

16/01/2020