CRTVG

Buscar

Condenado a oito anos e medio de cadea por violar unha muller no baño dun pub en Ourense

Publicado o 24/09/2020 09:22

Condenado a oito anos e medio de cárcere un veciño de Ourense que violou unha moza no baño dun local de copas.

A Audiencia Provincial considera probado que, tras consumiren cocaína, o home acurralou a vítima, utilizando a súa superioridade física, e forzouna sexualmente, malia que ela lle pregou que parase. A sentenza di que a testemuña da vítima foi clara e concluínte e que se corrobora coas probas periciais, como as feridas que presentaba nos cóbados, brazos e xeonllos. Destacan os xuíces que "non é non" en calquera tempo e lugar.

Noticias web

24/09/2020