CRTVG

Buscar

Condenado a 32 anos e medio de cárcere o acosador de Monte Alto

Publicado o 11/03/2020 19:13

A Audiencia da Coruña considérao culpable de catorce delitos de abuso sexual

Condenado a 32 anos e medio de cárcere o acosador de Monte Alto

O home seleccionaba as súas vítimas á saída das escolas, seguíaas ata as súas casas e entraba con elas no portal. Unha vez dentro facíalles tocamentos e despois fuxía. Todas as rapazas eran menores de 16 anos.

O xuíz atribúelle 14 delitos de abuso sexual e dous en grao de tentativa. Ademais dos 32 anos e medio de cárcere, condénano a 8 anos de liberdade vixiada e a unha indemnización de 23.000 euros. Non poderá comunicarse nin achegarse a ningunha das súas vítimas e queda inhabilitado para calquera profesión que obrigue ao contacto con menores.





 

Noticias web

11/03/2020