CRTVG

Buscar

Condenado a 14 anos e medio de prisión por agredir sexualmente unha menor nas festas de Noia

Publicado o 27/06/2019 18:56
Condenado a 14 anos e medio de prisión por agredir sexualmente unha menor nas festas de Noia

A Audiencia da Coruña condena a 14 anos e medio de cárcere a un mozo de 23 anos por agredir sexualmente a unha menor de idade nas festas de Noia. Ocorreu o 5 de agosto de 2017. A rapaza tiña 14 anos cando ocorreron os feitos. O acusado díxolle que quería falar con ela en privado. Aceptou porque había unha relación de confianza entre ambos. Levouna "polo aire" cara a unha zona escura onde a suxeitou e abusou dela. Está condenado por un delito de agresión sexual co agravante de abuso de confianza.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 14 anos e medio de prisión un mozo de 23 anos por agredir sexualmente unha menor de idade -de 14 anos- en agosto de 2017 durante as festas en Noia.

Segundo o fallo do tribunal, na madrugada do día 5 de agosto de 2017, a menor estaba nas festas coas súas amigas e o acusado. Este díxolle que "quería falar con ela en privado", o que aceptou debido á "relación de confianza" entre ambos. Nesa situación, o acusado levouna polo aire, engade, cara a unha zona oscura onde a suxeitou e abusou dela. 

O tribunal considerouno culpable dun "delito de agresión sexual a unha moza menor de 16 anos" -tiña 14 no momento dos feitos- e tivo en conta a agravante de "obrar con abuso de confianza", precisa o ditame, xa que tiña relación familiar coa vítima.

Ademais da pena de prisión, a Audiencia ímponlle "oito anos de libedade vixiada e a prohibición de comunicarse ou aproximarse á menor e á súa nai durante 20 anos".