CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Concentracións matinais en todas as cidades de Galicia

Publicado o 08/03/2018 20:45
A xornada da folga feminista empezou con concentracións nas cidades galegas. Especialmente multitudinarias foron as de Santiago, Vigo e Ourense.



















En Santiago estaban convocadas concentracións en distintos puntos da cidade e as previsións desbordáronse. Todas confluíron nunha praza do Obradoiro que lograron encher.

Na Coruña o día da muller traballadora é festivo desde o ano pasado. Por iso destaca o caracter lúdico de moitos dos actos programados para esta xornada. Entre eles un roteiro, que serviu para seguir as pegadas da mulleres na construción da cidade.

Unha gran marea humana formouse no centro de Vigo, onde houbo tamén varias concentracións. A máis multitudinaria foi a que transcorreu cunha marcha ata a Porta do Sol. O mesmo sucedeu en Pontevedra, onde houbo concentracións ás portas de distintas institucións.

En Ourense a máis multitudinaria foi a da Praza Maior da capital, en que as mullleres reivindicaron máis compromiso e respecto cos seus dereitos sociais e económicos.

As principais concentracións matinais de Lugo realizáronse na Deputación Provincial e no Concello. Diante da Xunta tivo lugar a lectura dun manifesto en que expresaron as reivindacións deste día da muller.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/03/2018