CRTVG

Buscar

Concentracións de repulsa en Mallorca polo crime machista de Peguera

Publicado o 23/10/2020 09:00

Nas últimas horas celebráronse en Calviá, en Mallorca, diversos actos de condena da violencia de xénero despois de que a Garda Civil confirmara que a morte dunha muller hai unha semana na localidade de Peguera se trata dun asasinato machista.

O corpo da vítima fora descuberto xunto ao da súa parella nas inmediacións dunha gasolineira. O alcalde de Calviá encabezou unha das concentracións de repulsa e rexeitou este e todos os feminicidios.

Noticias web

23/10/2020