CRTVG

Buscar

Concentracións de apoio á Garda Civil e para esixir a dimisión de Marlaska

Publicado o 31/05/2020 11:17

Ducias de persoas concentráronse o sábado ante a sede da Garda Civil en Madrid con bandeiras de España e outros símbolos para esixir a dimisión do Ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, despois do cesamento do coronel Diego Pérez de los Cobos como xefe da comandancia en Madrid.

Outras ducias de persoas tamén se concentraron en Sevilla ante o cuartel da Garda Civil para denunciar o que, segundo eles, é un trato de desprezo do Goberno aos axentes do corpo.

Noticias web

31/05/2020