CRTVG

Buscar

Concentración no Grove en defensa do futuro laboral nunha industria conserveira

Publicado o 28/06/2020 15:09

Sindicatos e comité de empresa de Thenaisie Provoté reclaman a defensa do emprego na factoría que teñen en Galicia. Esta, no Grove, é a primeira das concentracións, aínda que se prevén máis. Pídenlle ao conselleiro de Industria que medie entre os propietarios actuais, o grupo romanés Scandia Food, e o empresario galego que pretende mercar a fábrica. Os representantes dos traballadores queren saber se o procedemento concursal tutelado por un xulgado do mercantil é ou non viable.

Noticias web

28/06/2020