Concentración esta mañá en Madrid polo suposto crime machista de Tetuán do venres
Publicado o 19/08/2019 10:01
E esta mañá concentración tamén en Madrid polo crime de Tetuán, onde este venres un home matou presuntamente a súa parella. O home continúa en busca e captura. Nas últimas horas soubemos que tamén ameazara a súa anterior parella horas antes de cometer este asasinato. De feito, ela denunciouno ese mesmo día por ameazas a través do WhatsApp.