CRTVG

Buscar

O Concello de Verín apoia o mantemento do servizo de partos

Publicado o 04/12/2019 13:19

O concello de Verín celebrou este mércores un pleno extraordinario. Os tres grupos con representación PSOE, PP e BNG acordaron ler unha declaración institucional en apoio ao servizo de partos no Hospital Comarcal. Pídenlle ao SERGAS que recapacite, din, polo ben das mulleres e da comarca. Mentres, os traballadores non cesan nas súas reinvindicacións e continúan pechados no Hospital de Verín. Xa levan dúas noites no centro. O Sergas asegura que, a día de hoxe, o servizo non é viable para poder garantir a seguridade para as nais e para os bebés.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019